Unha unidade móvil para a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará esta semana e o próximo luns en dúas parroquias da zona rural da cidade para facilitar as revisións obrigatorias de tractores, remolques e maquinaria autopropulsada.
A primeira xornada para as revisións será este venres 14 de novembro no Val, onde a unidade se localizará na cooperativa desta parroquia e estará operativa únicamente en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas.
No caso da parroquia de Pedroso, o servizo trasladarase o próximo luns 17 de novembro ao campo da festa, onde estará operativo en horario de mañá, de 9.00 a 13.30, e tamén de tarde, entre as 15.15 e as 18.00 horas.
As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.