Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN CELEBRA O SEU DÍA CUNHA ANDAINA POPULAR: INSCRICIÓNS ABERTAS ATA O 18 DE NOVEMBRO
O Concello de Narón, a través do Servizo de Deportes, organiza unha nova edición da andaina polo Día de Narón, que se celebra o vindeiro sábado 23 de novembro coincidindo coa efemérede.
A actividade, de carácter gratuíto, ofrece un percorrido de arredor de 14 quilómetros por diferentes parroquias e barrios do municipio. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Local Social da Solaina, e a chegada está prevista arredor das 13.00 horas na Praza 23 de novembro. O itinerario inclúe as zonas de Santa Cecilia, A Gándara, O Couto, Neda, Xuvia, Piñeiros e Freixeiro, antes de regresar a Santa Cecilia. As persoas interesadas, ata un máximo de 150, poden inscribirse dende hoxe, luns 10 de novembro, e ata o próximo día 18 no Polideportivo de Narón, en horario de luns a xoves de 9.00 a 11.00 e de 17.00 a 18.30 horas. Dende o Concello animan á veciñanza a participar nesta actividade que promove o exercicio ao aire libre, a convivencia e o coñecemento do territorio, coincidindo coa celebración do Día de Narón.
Descarga de archivos
Tamaño:9,47 MB

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal