Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN AVANZA NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA
O Concello de Narón continúa co seu plan de modernización da rede de iluminación municipal coa adquisición de 330 novas luminarias LED de diferentes potencias. O investimento ascende a 12.000 euros e está financiado integramente con fondos municipais.
Nestes días estanse a substituír luminarias de tecnoloxía de descarga polas novas LED na avenida Souto Vizoso e na Estrada da Gándara. Nas próximas semanas está prevista a instalación dos mesmos equipos en Pena Parda e Ferrerías. Os traballos de instalación están a ser realizados polo persoal municipal do Departamento de Servizos Básicos e Mantemento. A introdución desta tecnoloxía supón unha redución do 40% na potencia instalada. Ademais do aforro enerxético e económico, as novas luminarias melloran as condicións técnicas da iluminación pública, incrementando a uniformidade e a correcta reprodución das cores, reducindo as tarefas de mantemento e contribuíndo a diminuír a contaminación lumínica nos espazos urbanos. Estas actuacións forman parte dos compromisos adquiridos no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), ao que Narón está adherido. Na revisión de 2022, o municipio acadara xa un 60% de cumprimento dos obxectivos de redución de emisións de CO₂, cifra á que se sumará o impacto das melloras actualmente en marcha. Todo isto sen contabilizar aínda a licitación do subministro de enerxía eléctrica de orixe 100% renovable, en vigor dende este ano.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal