Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DE NARÓN CLAUSURA A FEIRA DO SECTOR PRIMARIO ANIMANDO A MOCIDADE A EMPRENDER
O Pazo da Cultura de Narón acolleu este martes a Feira do Sector Primario, unha xornada divulgativa organizada por AJE Ferrolterra, en colaboración co Concello de Narón e a Deputación da Coruña, e destinada a achegar ao alumnado de secundaria e FP as oportunidades profesionais existentes no sector primario galego.
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, foi a encargada de clausurar o encontro, no que animou á mocidade “a valorar o potencial dun sector estratéxico para a comarca e para Galicia”, e destacou a importancia de “apostar polo emprendemento con proxectos sostibles, innovadores e conectados coa realidade do territorio porque no sector primario hai futuro”. A feira reuniu a empresas e entidades representativas do sector —como Agroflor, a Cofradía de Pescadores de Barallobre, Campo Capela, A Fusquenlla ou a Comunidade de Montes— xunto co alumnado de sete centros educativos de Ferrolterra, Eume e Ortegal. En total, máis de 250 estudantes de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Formación Profesional participaron nas actividades e charlas programadas, enmarcadas no Proxecto Emprende Xove – Minimarket, iniciativa de AJE Ferrolterra que reúne este curso a 14 centros educativos da comarca. O programa inclúe talleres, creación de proxectos e formación práctica, e culminará no mes de febreiro coa celebración do Minimarket no propio Pazo da Cultura. Ademais das ponencias e encontros coas empresas convidadas, o alumnado contou con stands informativos da Cofradía de Barallobre, Seitura 22, Banco Santander e os GALP, que puxeron ao seu alcance recursos profesionais, orientación laboral e información sobre iniciativas de apoio ao emprendemento e á innovación no sector.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal