Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE VISITA NARÓN OS DÍAS 19 E 20 DE NOVEMBRO
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón este mércores 19 e xoves 20 de novembro.
O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Dende ADOS lembran a importancia de manter uns hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. A Axencia anima á cidadanía de Narón a participar nesta nova campaña solidaria, lembrando que cada doazón pode axudar a salvar vidas.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal