Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN, REFERENTE EN EDUCACIÓN VIAL E MOBILIDADE ENTRE O ALUMNADO
O Concello de Narón continúa a impulsar o proxecto educativo “Pegadas Seguras”, unha iniciativa do departamento de Seguridade Vial que busca fomentar hábitos de mobilidade responsable, autoprotección e respecto polas normas de tráfico entre o alumnado de Educación Infantil.
O proxecto traballa na actualidade cos dez centros escolares de Narón contando coa comunidade educativa e integrando o alumnado nunha experiencia lúdica e participativa que combina coñecementos sobre educación vial, valores de convivencia, coidado da contorna e primeiros auxilios básicos. Neste primeiro trimestre, dentro de “Pegadas Seguras” estanse a desenvolver actividades como “Pinchi e Pegadas, Heroes da Axuda”, un taller impartido por persoal sanitario de Protección Civil dirixido a alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, no que os nenos e nenas aprenden nocións de autoprotección e primeiros auxilios mediante xogos e narracións interactivas. O proxecto incorpora tamén circuítos simulados dentro dos colexios e en espazos exteriores, nos que os cativos practican a identificación de sinais de tráfico, pasos de peóns e o uso de elementos de seguridade como cascos e chalecos reflectores. Mediante xogos de rol, construción de maquetas da cidade e saídas supervisadas en bicicleta ou patinete, o alumnado desenvolve habilidades motoras, de coordinación e orientación espacial. O departamento de Seguridade Vial subliña que o obxectivo de “Pegadas Seguras” é que os nenos e nenas de Narón adquiran coñecementos prácticos e actitudes responsables para moverse con seguridade, coidar da súa contorna e desenvolverse como cidadáns conscientes, contribuíndo así a construír unha cidade máis segura e sostible para o futuro. O departamento está a desenvolver tamén neste primeiro trimestre escolar o Taller Metrominuto. Destinado a alumado de 4º de Educación Primaria, esta iniciativa combina o coñecemento da contorna local coa medición de tempos de desprazamento a pé, en bicicleta ou patinete, fomentando rutas seguras e hábitos de mobilidade sostible.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal