Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN MOBILÍZASE NUNHA NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
O Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón, en colaboración co Concello, impulsa unha nova 'Operación quilo' coa intención de reforzar o apoio ás familias que atravesan momentos de especial dificultade.
A “Operación quilo”, presentada pola concelleira de Benestar Social María Lorenzo e o presidente do CRS José Manuel González, desenvolverase na Casa do Concello desde o luns 24 ata o venres 28 de novembro, coincidindo co horario de atención ao público, para que calquera persoa poida achegar unha doazón ao seu paso polo consistorio. Desde o CRS recoméndase priorizar produtos básicos como leite enteiro, aceite, galletas, garavanzos, fariña, azucre, pasta, lentellas, cacao, cueiros, conservas variadas, así como artigos de hixiene persoal e limpeza do fogar, elementos que permiten ás familias manter unha estabilidade mínima no día a día. A campaña ampliarase os días 28 e 29 de novembro con puntos de recollida instalados en diversos supermercados da zona, que estarán activos en horario de mañá e tarde e nos que voluntariado e persoal colaborador facilitarán a entrega e clasificación dos produtos. O Centro de Recursos Solidarios subliña que o propósito fundamental é asegurar a chegada destes bens de primeira necesidade aos fogares que máis o precisan e chama á participación cidadá lembrando que cada pequena achega, por modesta que pareza, contribúe a soster o tecido social do municipio.
Descarga de archivos
Tamaño:3,91 MB

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal