Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLE ESTE DOMINGO O XVI MERCADO DE SEGUNDA MAN DE NARÓN
O Concello de Narón presentou este luns o XVI Mercado de Segunda Man, que se celebra este próximo domingo, 30 de novembro, no Recinto Feiral do Trece, en Sedes. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, avanzou os principais detalles desta nova edición, marcada pola alta demanda de participación e pola consolidación deste evento no calendario municipal.
Durante a presentación, Gómez destacou o crecemento continuo do interese veciñal por esta iniciativa, “á que cada ano se suma máis xente interesada en darlle unha segunda vida a obxectos en bo estado”. Tamén fixo fincapé na boa acollida do novo sistema de selección, que desde este ano prioriza as solicitudes das persoas empadroadas en Narón e, posteriormente, as de residentes doutros municipios, sempre por rigorosa orde de inscrición. “Aplicamos este novo criterio para ordenar mellor o proceso e ofrecer máis transparencia. A experiencia está a resultar positiva e a cidadanía valórao de forma moi favorable”, engadiu. Nesta edición, o Concello recibiu un total de 102 solicitudes, das que 41 corresponden a persoas empadroadas en Narón e as outras 61 proceden doutros municipios da contorna. Entre estas últimas destacan as 31 solicitudes de Ferrol, seguidas de 6 de Valdoviño, 1 de Neda, 4 da Coruña, 1 de Ares, 5 de Cambre, 2 de Arteixo, 2 de Cerdido, 3 de Fene e 1 de Pontedeume. As 70 prazas dispoñibles están reservadas exclusivamente a particulares maiores de idade, quedando excluída a participación de comerciantes e vendedores ambulantes. Mantense tamén a prohibición de vender artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, co obxectivo de garantir que o evento se manteña centrado na venda e intercambio de artigos usados. A montaxe dos postos terá lugar en dúas quendas: o sábado 29, de 18.00 a 21.00 horas, e o propio domingo, entre as 8.00 e as 10.00 horas, previo á apertura ao público. O mercado estará aberto ao público en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. As persoas seleccionadas recibirán confirmación entre hoxe e o 26 de novembro, por vía telefónica. O listado oficial tamén está dispoñible na páxina web municipal no seguinte enlace: https://run.gob.es/iyl222e0 e pode consultarse mediante o código QR incluído na fotografía anexa. Coa súa décimo sexta edición, o Mercado de Segunda Man do Trece reafírmase como unha das actividades máis agardadas da tempada, consolidando un espazo que combina intercambio, participación veciñal e dinamización do rural de Narón.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal