Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE VISITA NARÓN ESTE LUNS
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) conta cunha unidade móbil en Narón este 24 de novembro. Estará operativa na praza da Gándara en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.
Dende ADOS lembran a importancia de manter uns hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. A Axencia anima a cidadanía de Narón a participar nesta nova campaña solidaria, lembrando que cada doazón pode axudar a salvar vidas.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal