Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO DE NARÓN SUMA O SEU APOIO Á MANIFESTACIÓN POR UN FERROCARRIL DO SÉCULO XXI PARA A COMARCA
O Pleno ordinario de novembro do Concello de Narón aprobou este xoves unha declaración institucional de apoio á mobilización convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril, que terá lugar o próximo 30 de novembro ás 12:00 horas na estación de tren de Ferrol.
A Corporación destacou que as deficiencias nas infraestruturas ferroviarias, a escaseza de servizos e os tempos de viaxe pouco competitivos “condicionan o futuro demográfico e económico da comarca”, polo que manifesta a súa “adhesión” á mobilización e “anima a toda a veciñanza de Narón e comarca a participar na mesma”. Ademais desta declaración, o Pleno deu luz verde á prórroga do convenio de transporte metropolitano de Galicia, garantindo a continuidade do servizo. Tamén saíu adiante o regulamento de participación cidadá, incluído no Plan Normativo 2026, como marco para fomentar a implicación veciñal nos procesos de decisión e consulta pública. Noutra orde de cousas, a Corporación validou a actualización do Inventario de Bens de 2025, que suma novas parcelas para viarios en distintas parroquias e incorpora mobiliario, equipamento tecnolóxico, material educativo e elementos de seguridade adquiridos polos servizos municipais. A sesión tamén aprobou o pagamento do convenio anual con Exponav e a modificación do trazado do camiño NAR-2290 en Cerrallás, incluíndoo íntegro no Inventario de Vías Municipal tras os informes técnicos e a reclamación dun particular. O Pleno ordinario de novembro incluíu varias mocións dos distintos grupos. O PP sacou adiante a súa proposición para unha saída urxente aos problemas derivados das obras de urbanización na rúa Solaina, que foi aprobada por unanimidade. O BNG obtivo tamén o apoio unánime do Pleno para pedir unha intervención urxente no centro comunitario Manuela Pérez Sequeiros e sacou adiante instar á Xunta ao arranxo das deficiencias dos IES Terra de Trasancos e As Telleiras. Conseguiu, así mesmo, luz verde a moción conxunta de TeGa e BNG para solicitar a incorporación de investimentos no Concello de Narón nos orzamentos da Deputación da Coruña para o ano 2026. Pola súa banda, o PSdeG-PSOE validou por unanimidade unha moción para a creación e posta en marcha dun plan municipal fronte ao narcotráfico en Narón, e a outra para instar a actuacións na marxe da ría no treito do muíño das Aceas.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal