Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACENDE A MAXIA DO NADAL O 5 DE DECEMBRO CUN ACTO FESTIVO EN PIÑEIROS
O Concello de Narón prepara unha tarde máxica para dar a benvida ao Nadal. Será, como anunciou a concelleira de Festas, Mar Gómez, o próximo venres 5 de decembro a partir das 18:30 horas nos xardíns da residencia San Xosé de Piñeiros.
A cita dará comezo coas voces do Grupo de Cantos de Taberna e Cancións de Animación dos Centros Socioculturais de Narón que encherán o recinto de melodías e tradición. A música funcionará como preludio dun acto que quere recuperar o espírito do Nadal máis cercano: o que se constrúe coa xente, cos máis cativos da casa e cos rituais que marcan cada ano o inicio destas datas. Mentres soa a música, un vehículo especialmente engalanado para a ocasión fará a súa entrada entre a expectación do público máis novo. Del descenderá Papa Noel, acompañado polos seus elfos, disposto a escoitar peticións e a recoller as primeiras cartas con desexos por cumprir. O punto álxido da celebración chegará ás 19.00 horas, cando se acendan a árbore de Nadal e a iluminación municipal, tinguidas de cores e brillo para transformar o corazón de Piñeiros e todo Narón nunha postal festiva. Ese instante simbólico marcará o inicio oficial da programación navideña en Narón. Para pechar o encontro, servirase chocolate quente con churros, un clásico destas datas que convidará a familias e amizades a compartir un dos momentos entrañables destas semanas tan especiais.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal