Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LANZA NARÓN LAB, UN OBRADOIRO XUVENIL QUE CONECTA TECNOLOXÍA E IDENTIDADE LOCAL
O Concello de Narón, a través do Servizo Sociocomunitario, pon en marcha este mes de decembro o obradoiro Narón Lab, unha proposta dirixida á mocidade do municipio que combina tecnoloxía, creatividade e divulgación do patrimonio local.
O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, destacou durante a presentación da iniciativa que “queremos que a rapazada de Narón descubra o noso patrimonio dun xeito diferente, empregando ferramentas que lles resultan atractivas e que lles permiten crear, investigar e experimentar”. Engadiu tamén que “a posta en marcha deste obradoiro reforza a aposta municipal por espazos onde a mocidade poida desenvolver competencias dixitais e, ao mesmo tempo, conectar coa identidade do noso concello”. Narón Lab desenvolverase na Casa da Mocidade da Gándara os días 22, 23, 24, 25, 26 e 29 de decembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O programa inclúe unha introdución práctica ao deseño e produción 3D, á robótica con Wonder Kit e Microbit, á programación con Scratch na plataforma MS MakeCode e á creación de videoxogos 2D con MS Arcade. Ademais, incorpora dinámicas STEAM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, nas súas siglas en inglés), traballos de busca de información e exercicios centrados no patrimonio e as infraestruturas de Narón. O obxectivo principal é fomentar que a mocidade explore e interprete o patrimonio local a través de ferramentas tecnolóxicas, converténdose en creadoras activas de contidos innovadores e accesibles. O obradoiro Narón Lab ofrece 14 prazas, destinadas a mozos e mozas empadroados en Narón de entre 11 e 16 anos. A actividade é de balde e as inscricións poden realizarse dende o martes 2 de decembro e ata esgotar prazas a través da sede electrónica do Concello, do rexistro municipal ou nos lugares establecidos na Lei 39/2015, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica. As prazas asignaranse por orde rigorosa de inscrición. O Concello verificará o requisito de empadroamento e contactará telefonicamente co alumnado admitido.
Descarga de archivos
Tamaño:1,46 MB

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal