Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MOTIX PECHA A EDICIÓN DESTE ANO TRAS SUMAR AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS ÁS SESIÓNS TEATRAIS
A XLI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón (MOTIX) pechou a programación deste ano coa representación de “Voo”, da compañía Teatro ao Cubo, nas Escolas Infantís Municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros.
Un total de 150 nenas e nenos, de 1º, 2º e 3º de Educación Infantil (0 a 3 anos), asistiron ás seis funcións celebradas os días 1, 2 e 3 de decembro, completando así o ciclo de actividades da mostra. Este último bloque pon o punto final á edición de 2025 da MOTIX, que ao longo de outubro e novembro levou diferentes espectáculos ao Pazo da Cultura, ao Auditorio Municipal da Praza de Galicia e ás escolas infantís, reunindo máis de 6.400 escolares de Narón e comarca. As funcións desta semana suceden as de “Travesía Unicornio”, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, que os días 25, 26 e 27 de novembro achegaron ao Auditorio Municipal a 1.357 escolares de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil. Organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a MOTIX mantén como obxectivo central favorecer o acceso dos máis pequenos ás artes escénicas, actuando como axente socializador e ofrecendo tamén actividades didácticas arredor do teatro. Co peche destas últimas funcións, a Mostra consolídase un ano máis como un dos programas de maior impacto educativo e cultural do municipio, achegando o teatro profesional ao alumnado desde idades temperás e reforzando a súa vinculación coas artes escénicas.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal