Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN PROMOVE A FEIRA SOLIDARIA "PEGADAS DO NADAL" EN APOIO AO CRS E Á PROTECTORA COMETA
O Concello de Narón organiza, coa colaboración da Asociación Cometa, unha nova edición da feira solidaria “Pegadas do Nadal”, unha proposta festiva e de carácter benéfico destinada a reunir alimentos e apoio económico para o Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón e para a protectora de animais. A cita será este próximo sábado 13 de decembro no Pavillón da Mocidade da Gándara.
Na presentación este luns do evento participaron a concelleira de Feiras, Mar Gómez, e Iria Saavedra, membro da xunta directiva de Cometa, que salientaron o valor comunitario dunha iniciativa que combina música, baile, actividades familiares con compromiso social. A feira abrirá ás 17.00 horas cun programa dirixido a todos os públicos. Media hora despois está prevista unha exhibición de All Dance Studio e, a partir das 18.30, a chegada de Papá Noel, que contará cun photocall para que as familias poidan sacar fotografías. A programación musical dará comezo ás 19.00 horas co concerto de Mos. Seguiranlle Los hombres de Diego (20.30 horas) e Merekumbé (22.00 horas), encargados de pechar a noite cun repertorio de marcado carácter festivo. Ademais de música e baile, o recinto contará con mesas doces, actividades infantís, un espazo dedicado ás mascotas e varios sorteos ao longo da tarde. Desde as 19.00 horas ofreceranse tamén as Tapas Solidarias, unha proposta gastronómica pensada para reforzar a recadación. Durante toda a xornada funcionarán puntos de recollida de alimentos destinados ao Centro de Recursos Solidarios e á Protectora Cometa, co obxectivo de apoiar o traballo que ambas entidades desenvolven na cidade en favor das familias con menos recursos e dos animais abandonados, maltratados ou en situación de risco. O Concello anima a veciñanza a achegarse á Gándara para celebrar o Nadal en comunidade e contribuír ao sostén da labor solidaria e de protección animal que realiza Cometa en Narón.

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal