Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CANTOS TRADICIONAIS DE NADAL DA MAN DE SEMENTE DE TRASANCOS
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Narón impulsa unha nova actividade de dinamización lingüística para estas festas: un obradoiro de cantos de Nadal impartido por Semente de Trasancos, pensado para recuperar a tradición galega do canto comunitario e, ao mesmo tempo, reforzar a presenza do idioma propio no comercio local.
A proposta inclúe unha sesión de aprendizaxe de pezas tradicionais propias destas datas, que posteriormente se interpretarán nun percorrido polos comercios da Gándara, acompañado do grupo Semente de Trasancos. As nenas e nenos participantes recibirán un aguinaldo nos establecementos colaboradores. A veciñanza está convidada a sumarse a esta celebración festiva e participativa, para a que se anima a traer instrumentos tradicionais (pandeiretas, tambores, castañolas…) e vestir roupa tradicional galega, co fin de contribuír á ambientación da xornada. O obradoiro terá lugar o venres 2 de xaneiro de 2025, ás 18:00 horas, na Casa da Mocidade, que servirá tanto de punto de encontro como de espazo de ensaio previo ao percorrido polos comercios da contorna da Gándara. A actividade é de balde e está aberta a todas as idades, aínda que os menores deberán acudir acompañados, cando menos, dunha persoa adulta. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente enviando un correo a a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e apelidos da persoa participante (no caso de menores, incluír tamén o nome da persoa acompañante e idade do/a menor), un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición. A actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón e conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón.
Descarga de archivos
Tamaño:755,99 KB

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal