Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CURSOS DE NATACIÓN PARA ADULTOS E EMBARAZADAS CON PRAZAS LIBRES NA PISCINA DA GÁNDARA
O Concello de Narón, a través do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, informa de que aínda quedan prazas dispoñibles nos cursos de Iniciación á Natación para persoas adultas, unha actividade dirixida a maiores de 16 anos que queiran aprender a nadar desde cero ou a mellorar a súa autonomía e seguridade no medio acuático.
Estes cursos están pensados para persoas sen experiencia previa ou con coñecementos básicos, e traballan aspectos como a adaptación ao medio acuático, a respiración, a flotación, o desprazamento e as primeiras nocións dos estilos básicos, sempre baixo a supervisión de persoal técnico especializado. Na actualidade, existen prazas vacantes nos seguintes horarios: Luns, mércores e venres: De 08.45 a 09.30 horas De 09.30 a 10.15 horas De 10.15 a 11.00 horas De 15.15 a 16.00 horas De 20.00 a 20.45 horas De 20.45 a 21.30 horas De 21.30 a 22.15 horas Martes e xoves: De 08.45 a 09.30 horas De 10.15 a 11.00 horas De 15.15 a 16.00 horas De 16.00 a 16.45 horas De 20.45 a 21.30 horas De 21.30 a 22.15 horas Así mesmo, tamén hai prazas dispoñibles na actividade de natación para embarazadas, tanto na etapa de pre-parto como de post-parto, que se desenvolve os luns, mércores e venres, de 10.15 a 11.00 horas. Esta modalidade está orientada a favorecer o benestar físico durante o embarazo e a recuperación tras o parto, mellorando a mobilidade, a circulación e a relaxación, sempre con exercicios adaptados a cada fase. As persoas interesadas en inscribirse neste mes de febreiro poden facelo achegándose ás oficinas do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara durante a última semana do mes de xaneiro, onde se lles facilitará toda a información necesaria sobre a actividade, tarifas e dispoñibilidade de prazas.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal