Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO DE NARÓN APROBA SOLICITAR MÁIS DE 198.000 EUROS Á DEPUTACIÓN PARA REFORZAR O SAF
O Concello de Narón celebrou este xoves un Pleno extraordinario no que se aprobou por unanimidade a participación no POS+ Adicional 1/2026 da Deputación da Coruña, destinado ao financiamento de gastos sociais extraordinarios, cunha achega provincial de 198.594,25 euros.
A totalidade desta contía destinarase a financiar parte do custo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia ao longo do exercicio 2026, un servizo esencial que permite atender persoas maiores e con dependencia no seu propio domicilio, favorecendo a súa autonomía e permanencia na súa contorna habitual. Desde o Concello explican que o custo do SAF experimentou un incremento significativo nos últimos anos, debido tanto ás subas do IPC como aos aumentos do Salario Mínimo Interprofesional. Ademais, Narón está a tramitar unha nova licitación do servizo, ao rematar a vixencia do contrato actual, o que suporá un maior esforzo económico para as arcas municipais. O gasto total previsto para o SAF-Dependencia en 2026 supera os 3,6 millóns de euros, dos cales unha parte se financia con fondos da Xunta de Galicia e co copagamento das persoas usuarias. Con todo, o Concello de Narón asume con fondos propios máis de 1,6 millóns de euros, polo que a achega da Deputación resulta clave para garantir a sustentabilidade do servizo. O acordo plenario inclúe a aceptación das bases do plan provincial e a autorización á Alcaldía para realizar todos os trámites necesarios para a súa solicitude e xestión. O Concello comprométese tamén a facer constar a colaboración da Deputación da Coruña na información relativa ás actuacións financiadas con cargo a esta achega. Desde o goberno local destacan que Narón vén accedendo a esta liña de financiamento desde o ano 2021, o que permite reforzar de maneira continuada un servizo social básico e dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables do municipio.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal