Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN LEMBRA AS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO CUNHA SEMANA DE ACTOS CENTRADOS NA MEMORIA DOS GALEGOS DEPORTADOS
O Concello de Narón organiza, en colaboración coa Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD), un programa de actividades con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, que se desenvolverá entre o 19 e o 27 de xaneiro e que terá como eixo central a memoria dos galegos deportados aos campos de concentración nazis.
Os actos darán comezo este próximo luns 19 de xaneiro ás 17:00 horas coa apertura da exposición “Galegos en Mauthausen” na Biblioteca municipal de Narón, que volve acoller no mes de xaneiro esta mostra fotográfica promovida pola AMHD. A exposición poderá visitarse na sala situada na planta soto da biblioteca e reúne 40 imaxes que documentan as durísimas condicións de vida no campo de concentración de Mauthausen, xunto con material documental como cartas e fotografías de persoas españolas que estiveron presas nel. A mostra permanecerá aberta ao público ata o sábado 31 de xaneiro, en horario de luns a venres, de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. A AMHD ofrece tamén a posibilidade de realizar visitas guiadas baixo solicitude previa, dirixidas a centros educativos, asociacións ou grupos particulares. As persoas interesadas poden solicitalas contactando coa biblioteca no teléfono 981 382 173, dentro do horario habitual de apertura. Ademais, hai programadas dúas visitas guiadas abertas ao público xeral: o propio luns 19 ás 17:00 horas e o xoves 22 ás 11:00 horas. A inscrición pode realizarse de maneira presencial ou chamando ao mesmo número de teléfono. No marco desta programación, tamén se desenvolverán charlas divulgativas en centros educativos do municipio. O martes 21 de xaneiro ás 12:30 horas terá lugar a charla “Galegos en Mauthausen” no IES As Telleiras, e o xoves 22 ás 12:30 horas haberá outra sesión no IES Santiago Apóstol. O acto central da conmemoración celebrarase o día da efemérede, o 27 de xaneiro, no Salón de Plenos do Concello de Narón, organizado conxuntamente coa AMHD. Nesta ocasión, será alumnado do IES As Telleiras o encargado de acender as velas en recordo das vítimas da Alemaña nazi, incluíndo os galegos asasinados nos campos de concentración de Mauthausen e Gusen –entre eles, 21 veciños da comarca de Terra de Trasancos- nun acto de homenaxe e memoria colectiva. O 27 de xaneiro conmemórase internacionalmente o Día en Memoria das Vítimas do Holocausto ao coincidir coa liberación, no ano 1945, do campo nazi de exterminio de Auschwitz-Birkenau polas tropas soviéticas. Este lugar converteuse no símbolo máis coñecido da Shoá, onde foron asasinadas máis dun millón de persoas, maioritariamente xudías, vítimas do sistema de exterminio posto en marcha pola Alemaña nazi. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu esta data como Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto co obxectivo de lembrar o xenocidio sistemático perpetrado entre 1933 e 1945 e de promover a educación, a memoria e a prevención do odio, o racismo e o antisemitismo. Segundo datos oficiais publicados no Boletín Oficial do Estado (BOE) en 2019, 109 galegos foron asasinados nos campos de exterminio nazis durante a Segunda Guerra Mundial, principalmente en Auschwitz e Mauthausen,

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal