Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE VISITA NARÓN O MÉRCORES 21 DE XANEIRO
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón o vindeiro mércores 21 de xaneiro. O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, en horario de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.
Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos. ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas. Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal