Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN SÚMASE Á REDE PROVINCIAL DE GRUPOS DE CONVERSA EN GALEGO 'FALARMOS NÓS'
A Biblioteca Municipal de Narón porá en marcha en febreiro “Falarmos nós”, un grupo de conversa en galego pensado para persoas que queren empregar máis a lingua no seu día a día ou mellorar a súa expresión oral sen presións e nun ambiente acolledor.
A iniciativa forma parte do proxecto “Falarmos Nós”, promovido pola Área de Lingua da Deputación da Coruña, que busca crear unha rede provincial de espazos reais de uso do galego baseados na conversa, na participación e na confianza. Non se trata dunha clase nin dun curso convencional: aquí non hai leccións, deberes nin explicacións gramaticais. O obxectivo é falar, escoitar, compartir experiencias, equivocarse sen medo e ir collendo soltura pouco a pouco. O grupo reunirase todos os luns de 11:30 a 12:30 horas e contará cun número reducido de participantes para favorecer a interacción. Estará acompañado por unha ou dúas persoas dinamizadoras, encargadas de propoñer temas e garantir que todas as persoas poidan participar. As conversas xirarán arredor de asuntos diversos, como cultura, actualidade, música, libros, viaxes ou vivencias persoais, sempre desde o respecto e a escoita activa. “Falarmos nós” está dirixido tanto a persoas que saben falar galego pero non o usan habitualmente como a aquelas que están en proceso de aprendizaxe e queren gañar seguridade ao expresarse. O único requisito é comprender a lingua e ter ganas de darlle máis presenza na vida cotiá. Para participar será preciso inscribirse a partir do martes 27 de xaneiro, ás 16:00 horas, ben de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 382 173 en horario de apertura.
Descarga de archivos
Tamaño:224,99 KB

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal