Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PREMIOS YOUTUBEIRAS+ BATEN RÉCORD DE PARTICIPACIÓN CON 28 FINALISTAS NA SÚA NOVENA EDICIÓN
Un total de 28 canles disputarán a novena edición dos Premios Youtubeiras+, un certame que recoñece o talento creador en galego nas redes sociais e que está coorganizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos galegos —entre eles Narón—, polas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e pola Deputación da Coruña.
Esta edición marca un fito histórico ao rexistrar a participación de 126 canles, fronte ás 89 da edición anterior, consolidando así o crecemento do proxecto. Nesta edición, os perfís de antontisimo (@ant0ntisim0), carlotaghatos, Rodri Míguez e Rogelio Santos Queiruga competirán polo premio á Mellor Canle. O certame, que repartirá un total de 7.500 euros en premios, conta cun total de sete categorías: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Calidade lingüística, Revelación, Rede e Premio do Público. As dúas primeiras categorías están dotadas con 1.250 euros, mentres que o resto contan cun premio de 1.000 euros cada unha. A gala, que tralo seu paso por Narón este ano se celebra no Teatro Jofre de Ferrol, estará presentada por Carlos Vieito, integrante do proxecto Exército Mekemeke, e por Leila Fernández, da canle O faiado pódcast. As entradas xa se poden retirar de balde a través da plataforma ataquilla.com ou o propio día da gala no despacho de billetes do Teatro Jofre. Nesta novena edición, Youtubeiras+ amplía definitivamente o seu alcance ao permitir a participación de canles de todas as plataformas dixitais. Instagram converteuse na rede con maior presenza, cun total de 81 perfís inscritos. Ademais, o Premio do Público volveu contar cunha elevada participación cidadá, con 49 vídeos propostos e un total de 2.326 votos emitidos. A gala do 7 de febreiro incluirá tamén unha novidade: a estrea da categoría de Mellor Pódcast, que dará lugar á gravación en directo do primeiro episodio do Pódcast Youtubeiras+. O xurado desta edición está composto por Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense; Jon Amil, presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista especializado en videoxogos; María Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos 2024, e Uxío Broullón, ilustrador e deseñador gráfico.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal