Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN ESTREA CANLE DE DIFUSIÓN EN WHATSAPP
O Concello de Narón vén de activar unha canle de difusión en WhatsApp coa finalidade de facilitar á veciñanza información municipal de maneira directa, rápida e fiable. Esta ferramenta, que complementa o perfil Novas Narón, está pensada para mellorar o acceso da cidadanía á información de interese xeral do municipio.
A través desta canle, as persoas usuarias poderán recibir avisos sobre a axenda cultural e de lecer, campañas municipais, prazos de inscrición en actividades e programas, cortes de tráfico, iniciativas sociais, servizos públicos e outras novidades relevantes para a vida diaria en Narón. Esta nova vía de comunicación presenta importantes vantaxes, xa que permite ao Concello transmitir información oficial de forma inmediata. Ademais, garante contidos contrastados e actualizados, nun formato áxil e accesible desde o móbil, unha ferramenta de uso cotián para a maioría da poboación. Ao tratarse dunha canle unidireccional, só o Concello pode emitir mensaxes, o que asegura unha comunicación clara, sen saturación e centrada exclusivamente en información útil para a veciñanza. Como seguir a canle de difusión do Concello de Narón en WhatsApp A incorporación á canle é totalmente gratuíta e non require facilitar datos persoais. Para comezar a recibir as actualizacións oficiais só hai que seguir estes pasos: • Acceder á ligazón da canle a través deste enlace: https://whatsapp.com/channel/0029Vb6w9e4AjPXQbgNuw62Q • Ao premer nel, abrirase directamente a aplicación de WhatsApp coa información da canle. • Pulsar no botón “Seguir”. Activa as notificacións para non perder nada Unha vez realizada esta acción, a persoa usuaria comezará a recibir as publicacións do Concello. Para non perder ningún aviso importante, recoméndase activar as notificacións desde o menú da propia canle, premendo na icona da campaíña situada na parte superior. Con esta iniciativa, o Concello de Narón reforza o seu compromiso cunha comunicación máis próxima, transparente e eficaz, adaptada ás novas formas de acceso á información e ás necesidades da cidadanía.
Descarga de archivos
Tamaño:346,45 KB

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal