Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICO/A DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
O Concello de Narón mantén aberta unha bolsa de emprego para cubrir postos de Técnico/a de Prevención de Riscos Laborais (A2) mediante concurso de méritos, co obxectivo de reforzar o equipo municipal e garantir unhas condicións de traballo seguras nas distintas áreas do Concello.
Para participar nesta convocatoria, as persoas interesadas deben contar cun grao universitario e un máster en Prevención de Riscos Laborais ou titulación equivalente, dispoñer do permiso de conducir tipo B e acreditar un nivel CELGA 4 de galego. O procedemento desenvolverase mediante concurso de méritos, valorándose a formación e experiencia relacionadas coa prevención de riscos laborais. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de febreiro de 2026, e as solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Narón (https://sedeelectronica.naron.es/), onde tamén se pode consultar toda a información sobre requisitos, baremos de puntuación e procedemento de selección.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal