Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN IMPULSA O AFORRO ENERXÉTICO NA EMPRESA CUNHA XORNADA PRÁCTICA NO PAZO DA CULTURA
O Concello de Narón organiza este xoves, 5 de febreiro, unha xornada centrada no aforro e na xestión eficiente da enerxía no ámbito empresarial, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) e a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC).
A sesión desenvolverase no Pazo da Cultura – Café Teatro, a partir das 09:30 horas, e ofrecerá ferramentas prácticas para reducir o consumo enerxético, entender mellor a factura da luz e aproveitar as oportunidades das comunidades enerxéticas e das compras conxuntas. O encontro contará coa participación de Francisco Prol Hermida, enxeñeiro industrial e especialista en enerxías renovables, e de Rodrigo López Piquín, enxeñeiro civil, experto en sustentabilidade e director da OTC Narón. A iniciativa forma parte do traballo da Oficina de Transformación Comunitaria de Narón para achegar solucións reais ao tecido produtivo local, favorecer o aforro, mellorar a competitividade das empresas e avanzar na transición enerxética. A xornada está dirixida principalmente ás empresas asociadas a COFER, aínda que tamén está aberta a autónomos, pemes e profesionais interesados en mellorar a súa eficiencia enerxética. A OTC Narón atende no Centro Social A Solaina, de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas, con atención presencial os martes e mércores. As persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 677 73 73 21 ou no correo electrónico otc@naron.gal. A actividade está cofinanciada con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Descarga de archivos
Tamaño:3,28 MB

<<< Febreiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal