Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO EN MEMORIA DA ÚLTIMA VÍTIMA DA VIOLENCIA MACHISTA EN GALICIA
A entrada principal da Casa Consistorial de Narón acolleu este mediodía unha concentración silenciosa en lembranza de María Belén Fernández, de 52 anos, última vítima da violencia machista en Galicia, asasinada o pasado domingo na parroquia de Sanguiñeda (Mos) pola súa exparella, un home de 67 anos do que se separara o pasado mes de decembro.
O acto estivo presidido pola alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e contou coa presenza da concelleira de Igualdade, María Lorenzo, así como doutros membros da corporación e do persoal municipal, que gardaron un minuto de silencio na memoria de María Belén e como mostra de condena ante este novo crime. Dende o Concello de Narón quixo trasladarse unha vez máis a total condena e repulsa ante este novo caso de violencia de xénero, ao tempo que expresou a súa solidariedade coa familia e amizades da vítima. Así mesmo, o goberno local reiterou o seu compromiso na loita contra a violencia machista e na defensa da igualdade, facendo un chamamento á implicación de toda a sociedade na prevención e erradicación da violencia exercida contra as mulleres polo feito de seren mulleres.

<<< Febreiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal