Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NO IX CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO DE NARÓN
O Concello de Narón mantén abertas as inscricións para participar na IX edición do Concurso de Tapas de Entroido, que se celebrará do 12 ao 22 de febreiro. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou esta nova edición animando aos establecementos da cidade a participar e a aproveitar esta oportunidade de promocionar a súa gastronomía.
Os bares, restaurantes e cafeterías interesados poden inscribirse a través do enlace https://naron-comercios.rutasdetapeo.es/ ata o luns 9 de febreiro (incluído). A concelleira destacou que este ano se manterán os 3 euros por tapa, un prezo pensado para favorecer a participación e a accesibilidade da clientela. A principal novidade desta edición é a app Narón Gastronómico, que permitirá aos clientes votar pola súa tapa favorita, aumentando así a visibilidade do sector hostaleiro local. Esta nova ferramenta foi presentada este luns nunha xuntanza no Concello, na que participaron técnicos municipais para explicar o funcionamento da aplicación e resolver todas as dúbidas dos hostaleiros. Ameneiro apuntou que aquelas persoas que non puideron asistir á reunión poden solicitar a gravación para coñecer a ferramenta e os seus recursos. Unha vez pechadas as inscricións, o Concello repartirá entre os establecementos participantes o material promocional do concurso, así como os códigos QR que permitirán á clientela votar por cada tapa directamente desde a aplicación. Segundo a concelleira, “o Concurso de Tapas de Entroido goza dunha excelente acollida entre veciños e visitantes, e cada ano medra tanto en número de participantes como na calidade das propostas gastronómicas”. Ameneiro engadiu que “a inclusión da app Narón Gastronómico nesta edición supón un paso máis para modernizar e dar máis visibilidade ao sector hostaleiro, facilitando a participación da clientela e fomentando a interacción cos nosos bares e restaurantes”.
Descarga de archivos
Tamaño:489,47 KB

<<< Febreiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal