Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN CONVOCA O CONSELLO XERAL PARA PRESENTAR O NOVO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Concello de Narón, a través da Escola de Participación, celebrará o próximo luns 23 de febreiro un Consello Xeral no que se presentará o novo Regulamento de Participación Cidadá do municipio. A sesión terá lugar no salón de Plenos da Casa Consistorial ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:15 horas en segunda.
A reunión está dirixida ás entidades locais, ás persoas representantes dos Consellos Sectoriais e aos distintos grupos políticos que forman parte da corporación municipal. O obxectivo principal do encontro será dar a coñecer o novo documento normativo, que pode consultarse previamente na ligazón: i.gal/RPC_2025. O Consello Xeral é o órgano municipal de participación cidadá destinado a promover, canalizar e debater sobre os asuntos que afectan á vida cotiá do conxunto do municipio, favorecendo unha maior implicación e corresponsabilidade da veciñanza na toma de decisións públicas. Coincidindo coa presentación do novo regulamento, o Concello iniciará tamén o proceso de actualización da composición deste órgano participativo, co fin de renovar ou confirmar as persoas representantes. Neste sentido, solicítase ás entidades e persoas interesadas en formar parte do Consello Xeral —así como doutros posibles consellos extraordinarios que se poidan convocar ao longo do ano— que cubran o formulario habilitado na seguinte ligazón: i.gal/CX_2026. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o xoves 19 de febreiro ás 14:00 horas, momento no que se pechará a recepción de inscricións. Dende o Concello de Narón anímase á participación activa do tecido asociativo e da cidadanía co obxectivo de seguir fortalecendo os mecanismos de participación democrática e diálogo directo coa administración local.
Descarga de archivos
Tamaño:173,26 KB

<<< Febreiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
naron.gal