Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CEA DAS MULLERES DE NARÓN REGRESA O 13 DE MARZO AO PAZO LIBUNCA DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO 8M
O Concello de Narón celebra o próximo venres 13 de marzo unha nova edición da tradicional Cea das Mulleres, unha das actividades máis participativas da programación organizada con motivo do Día Internacional da Muller.
O encontro terá lugar no Pazo Libunca a partir das 21.30 horas e volverá converterse nun espazo de convivencia no que simbolizar a unión, a sororidade e o recoñecemento colectivo ao papel das mulleres na sociedade. A concelleira de Igualdade de Narón presentou os detalles desta convocatoria que cada ano reúne a numerosas participantes nun ambiente festivo e reivindicativo. A cea contará ademais coa presenza da Muller do Ano 2026, cuxo nome se dará a coñecer previamente nun acto institucional de recoñecemento que se celebrará o 8 de marzo no CIMIX. No apartado gastronómico, o menú incluirá entrantes variados —croquetas cremosas de bacallau, saquiños de lagostino con allo porro e queixo e empanada caseira de carne ou bonito—, seguidos de canelóns de carne guisada con bechamel de parmesano como prato principal, e milfolla de crema con xeado de turrón como sobremesa. A velada estará amenizada pola música do grupo Grupo Merekumbé, encargado de poñer ritmo a unha noite pensada para compartir e celebrar. O prezo da participación é de 37 euros por persoa e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de marzo. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a sumarse a unha actividade xa consolidada dentro da programación do 8M en Narón.
Descarga de archivos
Tamaño:478,21 KB

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal