Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE UN SEMINARIO INTENSIVO GRATUÍTO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA
O Concello de Narón e a Deputación da Coruña organizan o próximo 11 de abril un seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha actividade formativa gratuíta dirixida a mulleres de todas as idades que terá lugar no Pavillón da Mocidade da Gándara.
Esta iniciativa enmárcase no III Plan de Igualdade do Concello de Narón e do programa provincial de Defensa Persoal Feminina, a través do que xa se formaron máis de 1.200 mulleres en distintos concellos da provincia, ofrecendo ferramentas prácticas para mellorar a seguridade persoal e a capacidade de resposta ante posibles situacións de risco. O curso, de tres horas (10:00 a 13:00 horas) e cun máximo de 75 participantes, combinará contidos teóricos e exercicios prácticos adaptados a diferentes niveis e condicións físicas. Durante a sesión, as participantes aprenderán técnicas básicas de prevención, control emocional e reacción ante agresións, así como estratexias para reforzar a confianza e a autonomía persoal. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación a través do formulario de inscrición no portal web de deportes da Deputación, disponible no enlace: https://bit.ly/4l9XmGf Desde o Concello de Narón anímase ás mulleres do municipio e da contorna a participar nesta actividade, que busca promover a seguridade, a prevención e o empoderamento feminino a través de formación práctica.
Descarga de archivos
Tamaño:4,03 MB

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal