Unha unidade móbil para a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas estará esta próxima semana en dúas parroquias da zona rural da cidade para facilitar as revisións obrigatorias de tractores, remolques e maquinaria autopropulsada.
A primeira xornada para as revisións será o luns 9 de marzo en Pedroso, onde a unidade se localizará no campo da festa desta parroquia e estará operativa únicamente en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, e en horario de tarde de 15:15 a 18:00 horas.
No caso da parroquia do Val, o servizo trasladarase á cooperativa o próximo martes 10 en horario de mañá, de 9.00 a 13.30, e de tarde, entre as 15.15 e as 18.00 horas e o mércores 11 estará tamén en horario de mañá.
As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos poden reservar cita previamente chamando ao número de teléfono 981 928 080 ou a través da web: www.sycitv.com.