Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A SOLAINA ACOLLE UNHA MESA REDONDA SOBRE MULLER E DISCAPACIDADE
O local social da Solaina celebra este próximo sábado 28 de marzo, ás 11:00 horas, a última actividade incluída na programación municipal de Narón con motivo do Día Internacional da Muller 2026.
Luns, 23 de marzo de 2026. Trátase dunha conferencia en formato de mesa redonda baixo o título “Benestar sen exclusión: muller e discapacidade na vida comunitaria”, centrada en visibilizar a realidade das mulleres con diversidade funcional e promover unha sociedade máis inclusiva. A iniciativa, integrada na Escola de Benestar, contará coa participación das entidades ACADAR e ASCM, que achegarán a súa experiencia e coñecemento sobre a situación das mulleres con discapacidade. O encontro, aberto ao público, desenvolverase nun formato próximo e participativo, cunha disposición en semicírculo que facilitará o diálogo directo. O programa dará comezo cunha breve presentación das persoas participantes e das entidades implicadas, seguida das intervencións de ACADAR e ASCM. Posteriormente, abrirase unha mesa redonda moderada na que se abordarán cuestións clave como as barreiras sociais invisibles ás que se enfrontan as mulleres con discapacidade, o impacto da dobre discriminación por razón de xénero e diversidade funcional, ou os retos existentes no ámbito da saúde mental e a atención psicolóxica. Entre os temas a tratar tamén figuran as dificultades para exercer a autonomía persoal, o papel das redes de apoio e das asociacións, así como propostas concretas para avanzar cara a unha inclusión real no día a día. A sesión completarase cun relato experiencial en primeira persoa e un espazo aberto de preguntas para fomentar a participación do público. Con esta actividade, o Concello pecha a programación do 8M reafirmando o seu compromiso coa igualdade e a inclusión, poñendo o foco nun colectivo que a miúdo permanece invisibilizado e reivindicando a necesidade de construír unha comunidade máis xusta e accesible para todas as persoas.

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal