Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PEDROSO COMPLETA A RENOVACIÓN DO ALUMEAMENTO PÚBLICO CON TECNOLOXÍA 100% LED
O Concello de Narón vén de completar a substitución integral da iluminación pública en Pedroso, tras a última actuación realizada no lugar de Bazón. Con esta intervención final, toda a rede de alumeamento da parroquia queda xa adaptada a tecnoloxía LED.
Xoves, 30 de abril de 2026. En total substituíronse 78 lámpadas de sodio de 75 W por novos dispositivos LED de 30 W, o que supón unha redución do 40% na potencia instalada. A medida tradúcese nun aforro enerxético e económico relevante, ao tempo que mellora a eficiencia do servizo municipal. Máis alá da redución do consumo, as novas luminarias incorporan melloras técnicas que permiten unha iluminación máis uniforme, unha mellor reprodución das cores e unha diminución das tarefas de mantemento. Ademais, contribúen a reducir a contaminación lumínica, favorecendo unha iluminación máis sostible dos espazos urbanos e rurais. Esta actuación forma parte dos compromisos adquiridos polo Concello no marco do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), ao que Narón está adherido.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30  
Eventos do Concello
naron.gal