Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ANDAINA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: NARÓN SÚMASE A0 DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DO BULLYING
O Concello de Narón presentou este venres unha andaina con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, unha iniciativa que se desenvolverá o próximo 6 de maio entre as 11:00 e as 14:40 horas, e que forma parte do Obradoiro de convivencia escolar e prevención do acoso dirixido a alumnado e profesorado do municipio.
Venres, 1 de maio de 2026. A saída está prevista desde o CEIP Piñeiros, que funcionará como punto inicial do percorrido polo Camiño Inglés ao seu paso por Narón. Nesta edición participarán catro centros educativos do municipio: o CEIP A Gándara, o CEIP Virxe do Mar, o CPR Ayala, e o IES As Telleiras. En conxunto, a iniciativa mobilizará a máis de 290 participantes entre alumnado e persoal docente. A actividade contará cun itinerario detallado e cunha escaleta de actos organizada polo Concello, así como cun dispositivo loxístico no que se inclúe a preparación previa dos puntos de saída e sinalización. Ademais, repartirase material conmemorativo ao inicio da andaina. Na presentación, a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, destacou a importancia de fomentar espazos educativos seguros e de traballar de maneira conxunta coa comunidade escolar. “O acoso escolar non pode normalizarse nin minimizarse. É unha realidade que afecta ao benestar do alumnado e require unha resposta clara e coordinada. Con esta andaina queremos visibilizar o compromiso do Concello e de toda a comunidade educativa cunha convivencia baseada no respecto e na igualdade”, sinalou Ameneiro. O Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora cada 2 de maio, lembra a necesidade de garantir contornas libres de violencia nos centros educativos. O acoso escolar constitúe unha grave vulneración dos dereitos da infancia e pode ter consecuencias duradeiras tanto no plano académico como emocional. O Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora cada 2 de maio, pon o foco na necesidade de garantir espazos educativos seguros e libres de violencia. O acoso nas aulas supón unha grave vulneración dos dereitos da infancia e pode deixar consecuencias duradeiras no seu desenvolvemento emocional e académico. Neste contexto, o Concello de Narón insiste na importancia da prevención e da educación en valores como piares fundamentais para erradicar estas situacións e reforzar a convivencia nos centros educativos do municipio.
Descarga de archivos
Tamaño:3,80 MB

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal