Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN DIFUNDE A CHAMADA URXENTE DE SOGAPS PARA ATOPAR FAMILIAS QUE ACOLLAN NENOS SAHARAUÍS ESTE VERÁN
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) solicitou ao Concello de Narón colaboración na difusión do programa Vacacións en Paz 2026 para reunir o maior número posible de familias acolledoras no municipio este verán.
Martes, 5 de maio de 2026. O programa de SOGAPS ofrece cada ano a nenos e nenas saharauís dos campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental, a posibilidade de pasar os meses de xullo e agosto en fogares galegos, lonxe das condicións extremas do deserto, con temperaturas que superan os 45 graos e recursos moi limitados. Durante a súa estadía reciben atención médica, alimentación equilibrada e o agarimo dunha familia. Desde SOGAPS recordan que acoller non é adoptar. As familias que participan contan en todo momento co acompañamento e o apoio da asociación, que garante o seguimento do programa e resolve calquera dúbida ou incidencia. O Concello de Narón fai seu o chamamento da SOGAPS. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, animou a veciñanza a informarse: "Trasladamos o seu chamamento á veciñanza de Narón porque cremos que aquí hai moitas familias dispostas a regalarlle un verán diferente a un neno ou unha nena que o necesita." As familias interesadas en participar no programa Vacacións en Paz 2026 poden contactar con SOGAPS no correo asociacionsogaps@yahoo.es ou no teléfono 669 078 725.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal