Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN MANTÉN VACANTES NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS PARA O CURSO QUE VÉN
O Concello de Narón informou este xoves da publicación dos listados provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais para o curso 2026-2027, un proceso no que aínda permanecen vacantes dispoñibles nas tres escolas da rede municipal.
Xoves, 7 de maio de 2026. En concreto, quedan prazas tanto na franxa de 0 a 1 anos, dirixida a nenos e nenas nacidos en 2026, como na de 2 a 3 anos, correspondente aos menores nacidos en 2024. Dende a administración local lembran que as familias que non presentasen a solicitude no prazo ordinario aínda poden optar a unha destas vacantes. Para iso deberán formalizar a petición a través do Rexistro Xeral do Concello de Narón ou ben mediante a sede electrónica municipal. O obxectivo é facilitar que as prazas dispoñibles poidan ser cubertas antes do inicio do próximo curso escolar. Os listados provisionais poden consultarse na páxina web municipal https://naron.gal/cat/gal/concello/escuelas_infantis e tamén a través dos teléfonos habilitados polas escolas infantís municipais. Así mesmo, o goberno local lembra que os nenos e nenas que solicitaron a reserva de praza no pasado mes de febreiro, é dicir, o alumnado que xa asiste actualmente ás escolas infantís municipais, están admitidos nos centros solicitados. O prazo para presentar reclamacións aos listados provisionais será de dez días naturais contados desde a data da exposición pública. Unha vez resoltas as posibles incidencias e reclamacións, o Concello procederá á publicación das listaxes definitivas de admitidos para o curso 2026-2027.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal