Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DA ORIENTACIÓN LABORAL AOS ESPAZOS DE ESCOITA: A MOCIDADE DE NARÓN TRASLADA AS SÚAS PROPSOTAS AO CONCELLO
O IES Terra de Trasancos acolleu este venres a segunda sesión dos Espazos de Participación Xuvenil de Narón, un programa que este curso 2025-2026 reúne o alumnado de terceiro da ESO para elaborar propostas colectivas dirixidas ao Concello.
Venres, 15 de maio de 2026. No acto estiveron presentes a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que recolleron as demandas da mocidade e responderon ás súas propostas. Desta volta, participaron preto de oitenta estudantes dos grupos de 3ºA, 3ºB e 3ºC do IES Terra de Trasancos, xunto con alumnado do CPI O Feal. Durante tres horas, os grupos traballaron na construción de propostas que despois presentaron ante as representantes institucionais. Entre as súas demandas figura a creación de espazos de ocio cubertos e autoxestionados, máis lugares de entretemento coma a Casa da Mocidade, ou mellorar a prevención do acoso escolar. O alumnado tamén reclamou máis frecuencia no transporte público, especialmente nas fins de semana, e máis orientación sobre estudos e saídas profesionais contando con profesionais especializados. Un dos bloques que suscitou maior interese foi o dedicado aos espazos de fala e escoita. O alumnado solicitou lugares seguros onde poder dialogar sobre as súas preocupacións —entre elas, a sexualidade, a saúde mental e, en xeral, o benestar emocional— sen sentirse xulgados, con profesionais especializados en psicoloxía e integración social. Pediron que estes espazos se integren no horario escolar e sexan de acceso gratuíto. Os Espazos de Participación Xuvenil son unha iniciativa municipal que busca incorporar a voz da mocidade no deseño das políticas locais. A sesión deste venres é a segunda do curso 2025-2026.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal