Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAXOTO CONTACONTOS ACHEGA A BEGOÑA CAAMAÑO AO PÚBLICO INFANTIL CUN ESPECTÁCULO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Dentro da programación das Letras Galegas, a Biblioteca municipal de Narón quere achegar a figura de Begoña Caamaño ao público máis novo a través da narración oral, o humor e a participación activa. A actividade desenvolverase este sábado 23 de maio ás 11:00 horas.
Xoves, 21 de maio de 2026. Trátase do espectáculo “Eu tampouco navegar”, a cargo de Caxoto Contacontos, unha das propostas máis recoñecidas de narración oral dirixida a público infantil en Galicia. A sesión propón unha viaxe pola palabra contada na que se revisitan mitos clásicos e historias tradicionais reinterpretadas desde unha ollada contemporánea, conectando coa obra e co pensamento de Caamaño. A través de dinámicas participativas, humor e xogos narrativos, a actividade introduce tamén pequenas reflexións arredor da igualdade e da construción dos relatos, ao tempo que reivindica o valor da lingua galega como ferramenta de creación e imaxinación. Caxoto Contacontos é o proxecto artístico do narrador e actor Avelino González, unha figura consolidada no ámbito da narración oral en Galicia. Cunha traxectoria extensa en bibliotecas, centros educativos e festivais, o seu traballo caracterízase pola capacidade de adaptar historias ao público infantil e familiar. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos e será necesaria reserva previa de forma presencial ou a través do teléfono 981 382 173 en horario de apertura da biblioteca.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal