Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O II TORNEO CIDADE DE NARÓN DE HOCKEY PATÍNS REUNIRÁ A MÁIS DE 180 DEPORTISTAS NO VAL O 6 DE XUÑO
O Concello de Narón acolleu este venres a presentación oficial do II Torneo Cidade de Narón de Hockey Patíns, un evento organizado por Hockey Narón coa colaboración do Padroado de Deportes que terá lugar o próximo sábado 6 de xuño no Pavillón do Val.
Venres, 29 de maio de 2026. Ao acto asistiron a alcaldesa de Narón, o edil de Deportes, Ibán Santalla, Verónica Ramos, presidenta de Hockey Narón, e Ibán López, membro tamén da directiva. O torneo dará inicio ás 10:00 horas e congregará a sete clubs —Hockey Narón, Hockey Club As Pontes, Compañía de María, Hockey Oroso, Traviesas Hockey Club, SD Ponferradina Hockey e Laredo Club de Hockey— con máis de 180 xogadores e xogadoras nas categorías Escolas, Benxamíns e Infantís. Unha das novidades desta edición é a inclusión dun partido da categoría benxamín feminino, reforzando o compromiso do club co desenvolvemento do deporte feminino de base. "Dende o Concello estamos moi orgullosos de apoiar un torneo coma este, que pon en valor o traballo diario dun club que leva anos sendo referente do hockey patíns en Narón. Ver a máis de 180 nenos e nenas competir aquí, no Pavillón do Val, é a mellor mostra de que o deporte de base é o futuro", declarou o edil de Deportes, Ibán Santalla. Pola tarde disputarase un partido sénior internacional entre CDM Hockey Patines e o Infante de Sagres, de Porto, pero a xornada non se limitará á competición deportiva. Ao mediodía haberá pulpeiro do Carballiño no Ambigú de Chelo, na AVV Irmandiños do Val, que permanecerá aberto todo o día, e unha food truck de pizzas artesás diante da asociación. Trala entrega de trofeos e medallas, prevista para as 21:00 horas, a cita dará paso aos sorteos e tamén ao concerto do grupo local Keepers, que veñen de ser recoñecidos cun Premio Martín Códax da Música. Hockey Narón e o Padroado de Deportes convidan á veciñanza a achegarse ao Pavillón do Val e gozar dunha xornada de deporte base, convivencia e ambiente familiar. A entrada é de balde.
Descarga de archivos
Tamaño:688,70 KB

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal