Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE BENESTAR DE NARÓN PROGRAMA ESTE MES TRES ACTIVIDADES PARA COIDAR O CORPO E A MENTE
O Concello de Narón, a través da Escola de Benestar do Servizo Sociocomunitario municipal, presenta a súa programación para o mes de xuño con novas actividades gratuítas e abertas á cidadanía.
Mércores, 3 de xuño de 2026. Co obxectivo de promover a saúde integral da veciñanza, as tres iniciativas incluídas abordan desde diferentes perspectivas a conexión entre o benestar físico, emocional e social, e teñen lugar en distintos espazos do municipio ao longo da primeira quincena deste mes. A primeira cita terá lugar este sábado 7 de xuño, ás 11:00 horas, no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, cunha conferencia titulada "A repercusión das emocións no corpo". A cargo da fisioterapeuta e osteópata Verónica Grandal, especialista en osteopatía, terapia craneosacral biodinámica e fisioterapia en obstetricia e xinecoloxía con máis de vinte anos de traxectoria profesional en Ferrolterra, a sesión afondará na relación entre a vida emocional e as súas manifestacións físicas: tensión, dor ou bloqueos corporais que o corpo expresa de forma coherente ao seu contexto, entendido como un sistema vivo e non como un conxunto de pezas illadas. Catro días despois, o xoves 11 de xuño ás 18:00 horas, a Biblioteca pública municipal de Narón acolle un encontro de formato moi diferente. Baixo o título "Relato dunha vida", a escritora e viaxeira Sofía Díaz Campos, de 93 anos, compartirá coa veciñanza a súa historia persoal. Nacida na Coruña en 1933, pasou a súa vida en diferentes países ata recalar na residencia de maiores de Caranza, en Ferrol, onde durante o confinamento escribiu o seu primeiro libro, Escamas de mujer en un mar de silencios. Desde entón non deixou de escribir, e suma xa catro títulos publicados. A charla-entrevista promete ser un espazo de reflexión sobre a memoria, a resiliencia e o valor da experiencia acumulada ao longo dunha vida. A última das propostas deste mes terá lugar o venres 12 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas. O Parque de Freixeiro será o lugar de encontro para unha tarde de actividades ao aire libre orientadas ao coidado de corpo e mente. Atención plena, movemento, forza e paseos guiados conforman un programa que está aberto a familias e persoas adultas que queiran desconectar e coidarse nunha contorna natural.
Descarga de archivos
Tamaño:6,36 MB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal