Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE TURISMO DE NARÓN ABRE AS SÚAS PORTAS ESTE 9 DE XUÑO
O servizo estará operativo ata o 8 de outubro e ofrecerá atención integral aos visitantes do municipio.
Luns, 8 de xuño de 2026. A oficina atenderá ao público de martes a venres en dobre quenda, de 10:00 a 13:00 h pola mañá e de 16:00 a 20:00 h pola tarde. Os sábados o horario amplíase unha hora, con atención de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Os domingos a oficina abrirá só en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 h. Os luns permanecerá pechada ao público. O equipo da oficina orientará os visitantes en todo o que precisen: dende onde aloxarse ou que rutas percorrer ata que festas ou actividades culturais teñen lugar no municipio durante a súa estancia. O persoal tamén resolverá dúbidas, entregará material informativo e ofrecerá a venda de credenciais. Este servizo está financiado pola Deputación Provincial da Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido a concellos e agrupacións de concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, destinado a sufragar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2026.

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal