Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEIRA DA CERVEXA DE NARÓN VOLVE AO PARQUE DE FREIXEIRO DO 2 AO 5 DE XULLO CON MÁIS DE 60 CERVEXAS ARTESÁS E CATRO NOITES DE CONCERTOS
A segunda edición amplía a súa oferta de música, gastronomía e ocio familiar.
Luns, 29 de xuño de 2026. Narón reedita a súa festa cervexeira. O Concello de Narón organiza a segunda edición da Feira da Cervexa, que tomará o Parque de Freixeiro do 2 ao 5 de xullo cunha proposta pensada para gozar en familia. Ademais de cervexa haberá comida de rúa, concertos en directo e actividades infantís. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou este luns no Concello os detalles desta segunda edición, que medra respecto á anterior tanto en oferta cervexeira coma en programación. A edil destacou o "carácter familiar" do festival como un dos seus principais valores. "Queremos que sexa un punto de encontro para todas as idades, onde os máis pequenos teñan o seu propio espazo de xogo mentres as familias gozan da música e da gastronomía". Ao longo dos catro días poderanse degustar máis de 60 variedades de cervexa artesá, incluídas opcións sen glute, elaboradas por cervexeiras chegadas de distintos puntos de España como Bacterio Brewing Co., Toys Brew Co., Orgullo, The One Beer, Lupia e Tajo Brew. A oferta gastronómica complétase con sete food trucks con propostas diversas: Sicilian in Bocca (pizza artesá), Burger Caravan (hamburguesas gourmet), D&D (comida venezolana), Baden Baden (salchichas alemás), La Taquilla (tex-mex) e Royal Creps (dulce). A programación musical, baixo o título "A Ruta do Lúpulo en Narón", inclúe catro concertos. O xoves 2 de xullo, ás 21:00h, abrirá o cartel Plan de Fuga, banda de rock con formación clásica de guitarras e voz. O venres 3, ás 22:00h, será a quenda de Milómanos, dúo nacido en 2014 ao redor da guitarra acústica que combina temas propios con versións de clásicos do pop, rock e blues. O sábado 4, ás 22:00h, chega Black Jack, grupo que promete poñer ao público a bailar coa súa proposta de versións. E o domingo 5, ás 20:00h, pechará a programación a sesión de Atómica DJ. O xoves a feira abrirá as súas portas ás 19:00h coa inauguración oficial, mentres que venres, sábado e domingo a apertura será ás 13:00h. O peche do recinto está previsto á 00:00h o xoves, á 01:00h venres e sábado, e ás 23:00h o domingo. A feira dispón dunha Kids Zone con inchables todos os días e un programa de talleres infantís gratuítos: o venres, taller de creación de bolboretas (19:30h); o sábado, taller de chapas (18:00h); e o domingo, taller de marcapáxinas (17:30h). O recinto conta así mesmo cunha zona de mesas e bancos para descansar entre degustacións, e é pet friendly, polo que se pode acudir cos animais de compañía. A entrada ao recinto é gratuíta durante toda a programación. Os venres e sábados, entre as 14:00 h e as 15:30h, terán lugar as sesións Beer-Mú. O domingo, ás 21:00h, celebraranse os concursos á mellor etiqueta e á mellor cervexa do festival, seguidos do concurso á mellor gastroneta (21:10h) e da entrega de premios ás cervexeiras participantes (21:15h).
Descarga de archivos
Tamaño:576,11 KB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal