Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LUCAS PÉREZ, CONVIDADO DE LUXO NA ENTREGA DE DIPLOMAS DO CAMPUS XOÁN RAMOS EN NARÓN
A alcaldesa Marián Ferreiro e o edil de Deportes, Ibán Santalla, acompañaron o futbolista de Monelos nas instalacións de Río Seco que acollen unha nova edición deste campus.
Venres, 10 de xullo de 2026. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Ibán Santalla, achegáronse esta mañá ás instalacións do estadio municipal de Río Seco para seguir de preto o campus de fútbol de verán que se está a desenvolver na cidade para nenos e nenas de entre 7 e 15 anos. Á súa visita sumouse un convidado especial, o futbolista do Cádiz Lúcas Pérez, o coruñés criado no barrio de Monelos, que acudiu para acompañar o creador de contido Xoán Ramos, encargado deste campus. Natural de Narón e con máis de dous millóns de seguidores entre TikTok, YouTube e Instagram, Xoán Ramos puxo en marcha este proxecto despois de formarse el mesmo nas canteiras do fútbol galego e converterse, xa no fútbol amateur, nun dos referentes do contido deportivo dirixido ao público máis novo. O campus conta coa colaboración do Patronato de Deportes do Concello de Narón. Ferreiro e Santalla, xunto a Pérez e Ramos, fixeron entrega dos diplomas aos 36 participantes deste primeiro grupo, así como dos tres trofeos que puxeron o ramo ao torneo disputado esta mesma mañá. A semana que vén terá lugar a segunda quenda deste campus, que baixo o lema de “adestramentos, competición, convivencia e diversión” leva o nome de Xoán Ramos e se estrea este ano nas instalacións deportivas de Río Seco en Narón.

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal