Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN INSTALARÁ NA PRAZA DA IGUALDADE UNHA PANTALLA XIGANTE PARA SEGUIR A FINAL DO MUNDIAL
O Padroado de Deportes habilitará unha zona con cadeiras na Gándara para vivir o partido de España o domingo 19 de xullo, a partir das 19:00 horas, coa actuación de DJ BrunoKavi.
Mércores, 15 de xullo de 2026. O Concello de Narón, a través do Padroado de Deportes, instalará unha pantalla xigante de seis metros por tres na Praza da Igualdade, na Gándara, para que a veciñanza poida seguir en comunidade a final do Mundial de fútbol na que España opta a erguer o título de campioa por segunda vez na historia. A cita será o próximo domingo, 19 de xullo, cunha retransmisión que dará comezo ás sete da tarde e que estará acompañada da actuación do DJ BrunoKavi desde esa mesma hora. Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, o espazo contará cunha zona habilitada con cadeiras para quen queira seguir o encontro con maior comodidade. Con esta instalación, o Concello de Narón quere ofrecer á súa veciñanza a oportunidade de vivir en grupo, en pleno corazón da Gándara, unha tarde de fútbol e de ilusión colectiva arredor da selección nacional co desexo de que a camiseta española sume na noite do domingo unha nova estrela.
Descarga de archivos
Tamaño:411,68 KB

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal