Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN OFERTA UN CURSO DE "SERVIZOS BÁSICOS DE RESTAURANTE E BAR" PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
A acción formativa contará con 15 prazas e desenvolverase entre o 7 de setembro e o 4 de decembro.
Narón, 21 de agosto de 2026. O Concello de Narón oferta 15 prazas para un curso dirixido a persoas desempregadas que queiran formarse e mellorar as súas oportunidades laborais no sector da hostalaría. A formación desenvolverase do 7 de setembro ao 4 de decembro de 2026, no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e en empresas colaboradoras. Terá 350 horas de formación, máis 15 horas de módulos transversais e 100 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas de hostalaría. Entre os contidos inclúense hixiene e seguridade alimentaria, prevención de riscos laborais, funcionamento dos establecementos, manexo de equipos e menaxe, servizo de alimentos e bebidas, limpeza e atención ao cliente. Tamén se abordarán cuestións relacionadas coa orientación laboral, igualdade, medio ambiente, emprendemento e TIC. As solicitudes poderán presentarse do 25 de agosto ás 8:30 horas ao 31 de agosto ás 13:00 horas, no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou polos medios previstos legalmente. A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición, reservándose un 20 % das prazas para persoas derivadas do Servizo Sociocomunitario. Para acceder é necesario ter 18 anos ou máis, estar desempregado/a e empadroado/a en Narón. Poderán participar persoas doutros concellos se quedan prazas libres. Ademais, non se poderá estar matriculado/a noutro curso municipal coincidente nin ter realizado previamente este mesmo curso con avaliación positiva. Máis información no Centro Municipal de Formación (981 33 31 35) ou na Sede Electrónica do Concello de Narón.

<<< Agosto 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal