Pódense empregar dende mañán, solicitando a tarxeta na web naronroda.es ou no Concello.
Narón, 22 de Setembro de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e a Xefa da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética do INEGA, Paula Uría, presentaron hoxe o servizo de préstamo de bicicletas “Naron Roda”. Trátase dunha rede de nove estacións instaladas ó longo do termo municipal de Narón, con capacidade total para 76 bicicletas.
A instalación deste servizo supuxo un investimento total de 170.000 euros, que foi aportado nun 70% polo INEGA en un 30% polo Concello de Narón, seguindo ó convenio de colaboración asinado o pasado 23 de decembro de 2010 entre ambas entidades. Ademáis, o seu mantemento suporá un gasto anual de máis de 50.000 euros, polo que o Alcalde de Narón pedíu responsabilidade ós cidadáns á hora de facer uso do servizo.
As estacións de préstamo de bicicletas entrarán en servizo a partires de mañá venres, de xeito gratuito ata o dia 31 de decembro de 2011. De cara ó vindeiro ano haberá que pagar unha cantidade simbólica (entre 10 e 15 euros, segundo estableza a ordenanza correspondente) para o seu uso. Os interesados poden obter a tarxeta para retirar e devolver a bicicleta de dúas maneiras:
-Na páxina web www.naronroda.es (rexistrándose e cubrindo o formulario, e posteriormente acudindo ó Concello a retirala)
-Na oficina de Educación Vial do Concello (situada no baixo do Concello, en horario de mañá. É imprescindible presentar unha fotocopia do DNI para obter o carnet de usuario).
Os usuarios poden retirar a bicicleta nunha das estacións e deixala noutra, ó longo do municipio, por un período de duas horas, podendo retirala de novo transcurridos cinco minutos. Os puntos de préstamo de bicicletas son os seguintes:
- Centro Saúde (Rúa 25 de xullo) 12 bicicletas
- Praza da Gándara (Rúa Vilalba) 12 bicicletas
- Odeón (Avda. Cataluña) 12 bicicletas
- Pista polideportiva Sta. Icía (Rúa Francisco Pizarro) 12 bicicletas
- Estrada de Castela, rotonda de Freixeiro (Oficina de Turismo) 12 bicicletas
- Estrada de Castela (gardería de Piñeiros) 8 bicicletas
- Paseo marítimo de Xuvia (colexio Ponte de Xuvia) 8 bicicletas
- Estrada de Cedeira, punto quilométrico 0,900 (Institutos) 12 bicicletas
- Polígono Río do Pozo (Avenida Bernardo Romero, diante de Protección Civil) 4 bicicletas
O horario de funcionamento do servizo de préstamo de bicicletas variará en función da época do ano na que nos atopemos, establecéndose o seguinte:
- Verán (do 1 de abril ao 30 de setembro): entre as 7:30 e as 22:30 h de luns a sábado; e entre as 10:00 e as 22:30 h os domingos e festivos.
- Inverno (do 1 de outubro ao 31 de marzo): entre as 7:30 e as 21:30 h de luns a sábado; e entre as 10:00 e as 21:30 h os domingos e festivos.
(Non se prestará o servizo os días 1 de xaneiro, 25 de xullo, 15 de agosto, 23 de novembro e 25 de decembro).
O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, aínda que os menores con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos poderán gozar do sistema coa previa autorización escrita dos seus pais, e os menores de 16 anos deberán ir acompañados dun adulto.
O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, destacou as vantaxes da bicicleta coma medio de transporte público, concedida coma unha alternativa limpa e saudable ós vehículos que funcionan con combustible. Tamén a responsable do INEGA, Paula Uría, quen comentou que existen xa 16 concellos en Galicia que ofrecen o sistema de préstamo de bicicletas, do que se benefician máis de 13.000 usuarios. Unha cifra que se incrementará a partires de mañá, cando empecen a empregalas os veciños/as de Narón.