Se celebrará o día 3 de novembro na Biblioteca Municipal, con entrada libre.
Narón, 28 de Outubro de 2011.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, organizará un Obradoiro sobre Técnicas de Oratoria e Comunicación, que se desenvolverá o xoves 3 de novembro no sótano da Biblioteca Municipal, en horario de 17:30 a 19:30 horas.
Está dirixido á mocidade de entre 18 e 30 anos de idade, co obxectivo de facilitarlles información e formación sobre os recursos que teñen dispoñibles ó seu alcance. Esta actividade conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
O Obradoiro de Técnicas de Oratoria e Comunicación consta de cinco partes:
-O arte de falar en público.
-A confianza e a seguridade persoal.
-A voz humana.
-Técnicas de presentación en público.
-Elaboración e exposición de discursos ou traballos.
A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, animou a tódala xuventude do municipio a participar nestw obradoiro. “Temos que aproveitar ó máximo tódolos recursos que temos para a búsqueda de emprego, especialmente nos momentos que estamos a vivir na actualidade. Este obradoiro contribuirá a facelo, e tamén a mellorar ou completar a nosa formación”, engadíu.