REMATAN AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO CENTRO DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DE GANDO
O Concello tramita xa a licenza de apertura da instalación, ubicada no recinto feiral do Trece (Sedes).
Narón, 4 de Outubro de 2011.- O Concello de Narón ven de rematar as obras de construcción do Centro de Limpeza e Desinfección de Vehículos ubicado no recinto feiral do Trece, en Sedes. Estos traballos foron desenvolvidos no prazo de dous meses, cun orzamento total cercano ós 60.000 euros e contaron con financiación municipal (62%) e fondos europeos (38%).
Así, a obra tivo un coste exacto de 58.386€ e estivo financiada como segue:
Concello de Narón: 39.584€
Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural): 18.802€
Para comprobar o remate das obras, onte desprazáronse ata o recinto feiral do Trece a Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro Rico, e o técnico da asociación Costa Noroeste -entidade que xestiona os fondos de Agader-, Fernando Rodríguez Fernández. Este último realizou un control da execución do investimento realizado nesta obra.
Actualmente o Concello de Narón está a tramitar a licenza de apertura ante a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e unha vez que estea concedida, o Centro de Limpeza e Desinfección de Vehículos funcionará alomenos dúas veces ó mes (o día 13, e o derradeiro domingo de cada mes).