A VII CONCENTRACIÓN MOTEIRA 'CIDADE DE NARÓN' CELÉBRASE OS DÍAS 1, 2 E 3 DE XUÑO
O moto club Fojeteiros organiza este evento, que inclúe as II Xornadas de Turismo Activo.
Narón, 23 de Maio de 2012.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa a VII Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ que se celebrará os días 1, 2 e 3 de xuño, organizada polo moto club Fojeteiros. O seu presidente, Santiago Galego, detallou hoxe os pormenores do programa, que inclúe as II Xornadas de Turismo Activo nas que tamén se percorrerán os concellos de Ferrol e Valdoviño. Neste evento tamén colabora a Deputación de A Coruña.
O Concello de Narón aportará 10.000€ para a realización deste evento, que tamén sirve de revulsivo para a hostalería e o sector hoteleiro de Narón e comarca. “A concentración moteira é xa un evento consolidado dentro e fora de Ferrolterra” declarou Natalia Hermida.
O programa é o seguinte:
Venres 1
18:00 horas: Inauguración e apertura de inscricións.
-Concerto de grupos noveis
-Simulador de “caballitos” x-bike.
-Concerto dos grupos: Sobraos Paciegos, Frik&Paldis, e Toni Torres&Five String Band.
Sábado 2
10:30 horas: apertura de inscricións.
-Ruta Mototurística.
-Xogos en carpa
-Simulador de “caballitos” x-bike.
-Exhibición acrobática de Emilio Zamora.
-Cena
-Ruta de antorchas.
-Conxuro Queimada.
-Entrega de trofeos.
-Festa Moteira.
Domingo 3
-10:00 horas: almorzo moteiro.
-Ruta mototurística.
-Comida.
-Sorteo de regalos.
O prezo da inscrición é de 30€, e a data límite para realizar a preinscrición é o venres 25 de maio.