O CLUB NARÓN BALOMPÉ PIÑEIROS RECIBE UNHA DISTINCIÓN POR TER ASCENDIDO Á 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL
O Alcalde de Narón ofreceulles unha recepción institucional con motivo deste ascenso de categoría.
Narón, 4 de xuño de 2012.- Os xogadores e o corpo técnico do club Narón Balompé Piñeiros recibiron o pasado sábado 2 de xuño unha recepción institucional por parte do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, por ter acadado o ascenso á 3ª División Nacional de Fútbol nesta temporada.
Na recepción tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida. O Club fíxolle entrega ó Alcalde dun banderín firmado por tódolos xogadores, mentres que José Manuel Blanco fixo o propio cunha praca conmemorativa deste ascenso.