O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase nesta data a primeira acta oficial do ano 1837, na que aparece o nome de Narón.
O Día de Narón é unha das moitas datas que esparexen o calendario do concello de festas, tradicións e outras actividades, nas que se mestura o espírito relixioso co ambiente de lecer e co carácter comercial. Unha mostra son estas feiras, romarías e festas patronais que se espallan polo municipio.
Un Oenach era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban produtos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos veciños e turistas regresan ás nosas orixes cada 29 de agosto para participar en xogos, compras ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan afastada deste mercado celébrase todos os anos na Feira do Trece.
Os días 13 e o derradeiro domingo de cada mes, esta zona da parroquia de Sedes convértese nun lugar onde se comercia con todo tipo de produtos agropecuarios e mercadorías de tipo domésticos sen faltaren as esmorgas gastronómicas. Esta é a feira de maior prestixio da Terra de Trasancos. Máis recente (1988), o Feirón da Solaina destaca por ser un mercado de tipoloxía urbana. Celébrase o primeiro domingo de cada mes na parroquia de Santa Icía, e nel intercámbianse produtos de vestir, do fogar ou alimenticios. Xunto a estas celebracións hai outras festas tradicionais de grande importancia: as romarías. Nelas mestúranse elementos relixiosos con outros da tradición pagá, como as ofrendas. Ademais, en moitos dos casos, levan ligadas actividades comerciais que as asocian ás feiras rurais. Entre elas cómpre subliñar:
Romarías
Romaría da Virxe da O
Celébrase na parroquia de Pedroso o segundo domingo de maio.
Romaría de Santa Margarida
Séguese celebrando en torno a esta igrexa do Val, aínda que nos últimos anos quedou reducida a unha festa de carácter parroquial.
Romaría de Santa Lucía
Celebrada todos os 13 de decembro na parroquia de Sedes.
Romaría da Saleta
A ermida do Lodairo, na parroquia do Couto, é o escenario desta festa cada terceiro domingo de decembro.
Festas das parroquias
Xaneiro
Sedes
S. Vicente de Placente")
23 de Xaneiro
Maio
Alto do Castiñeiro
Xuvia
San José Obrero
Sta. Rita
1 de Maio
22 de Maio
Xuño
Piñeiros
Sedes
Trasancos
Nosa Sra. Desamparados
S. Antonio
S. Paio
Primeiro domingo de Xuño
4 de Xuño
26 de Xuño
Xullo
A Gándara
O Couto
Santiago Apostol
San Martín
25 de Xullo
Derradeiro domingo de Xullo
Agosto
Castro
Doso
Narón
O Val
Pedroso
Sedes
Santa María
San Lourenzo
San Xiao
Sta. María das Nieves
San Salvador
San Esteban
15 de Agosto
10 de Agosto
25 de Agosto
5 de Agosto
6-7 de Agosto
3 de Agosto
Setembro
Sta. Cecilia
Trasancos
Sta. Cecilia
S. Mateo
3 de Setembro
21 de Setembro